Sergio Troitiño colga o bronce no Europeo Júnior de taekwondo

Marín
16 de novembro 2021

O deportista do Mat's de Marín conseguiu subir ao podio no Campionato de Europa Júnior que chegou ao seu fin este martes en Saraievo

Sergio Troitiño tras conseguir o bronce no Europeo Júnior de taekwondo
Sergio Troitiño tras conseguir o bronce no Europeo Júnior de taekwondo

Éxito internacional para o Mat's e en particular para o seu deportista Sergio Troitiño.

O taekwondista do club marinense logrou subir ao podio no Campionato de Europa Júnior que este martes chegaba ao seu fin na capital bosníaca, Saraievo.

Troitiño levou a medalla de bronce na categoría de +78 quilos cedendo unicamente na semifinal do torneo fronte ao ucraíno Ilya Lipatov por un apertado 10-14.

Antes o representante do Mat' s superara con comodidade ao suízo Kevin Brink nos oitavos de final (17-6) e ao polaco Wiktor Pajdzik no combate de cuartos de final (14-10).

Esta supón a terceira medalla galega no Europeo Júnior sumándose ás logradas previamente por Ainoha García (-68, Couto) cunha prata e por Cloe Iglesias (-63, Patiño) cun bronce.