Éxito internacional para o Mat's e en particular para o seu deportista Sergio Troitiño.
O taekwondista do club marinense logrou subir ao podio no Campionato de Europa Júnior que este martes chegaba ao seu fin na capital bosníaca, Saraievo.
Troitiño levou a medalla de bronce na categoría de +78 quilos cedendo unicamente na semifinal do torneo fronte ao ucraíno Ilya Lipatov por un apertado 10-14.
Antes o representante do Mat' s superara con comodidade ao suízo Kevin Brink nos oitavos de final (17-6) e ao polaco Wiktor Pajdzik no combate de cuartos de final (14-10).
Esta supón a terceira medalla galega no Europeo Júnior sumándose ás logradas previamente por Ainoha García (-68, Couto) cunha prata e por Cloe Iglesias (-63, Patiño) cun bronce.