Silvia Aguete participará no Torneo Internacional de Rusia

Poio
13 de marzo 2018

A gardameta pontevedresa do Poio Pescamar segue sendo unha fixa nos plans da Selección Española de Fútbol Sala e foi convocada para participar no IX Torneo Internacional 9 de Maio que se disputará na capital rusa

Silvia Aguete con España no Torneo IV Nacións
Silvia Aguete con España no Torneo IV Nacións

O seu gran rendemento, tanto no Poio Pescamar como defendendo a camiseta de España, converteuna nunha impresicindible nos plans do seleccionador nacional.

Silvia Aguete volveu a ser citada pola Selección Española Absoluta de Fútbol sala, coa que acudirá a Moscova.

A gardameta participará no IX Torneo Internacional 9 de Maio en Rusia.

Por este motivo a futbolista pontevedresa permanecerá concentrada coa disciplina da 'Roxa' do 30 de abril ao 10 de maio.

Esta cita internacional coincidirá co último parón competitivo na Primeira División, antes de afrontar as derradeiras catro xornadas de liga que decidirán os postos de Copa, obxectivo que volveu a marcar o Poio Pescamar para esta tempada e que de momento ten na man conseguir.