Silvia Aguete xogará o Torneo IV Nacións

Poio
21 de novembro 2017

A gardameta do Poio Pescamar repite por terceira convocatoria consecutiva na lista da Selección Española Absoluta de fútbol sala e afrontará do 8 ao 10 de decembro o torneo internacional que terá lugar en Guadalaxara

Silvia Aguete, no partido entre Poio Pescamar e Burela
Silvia Aguete, no partido entre Poio Pescamar e Burela / Diego Torrado

A gran tempada que está a realizar o Poio Pescamar na máxima categoría do fútbol sala nacional reflíctese unha vez máis na convocatoria da Selección Española Absoluta, na que foi incluída por terceira vez consecutiva Silvia Aguete.

A gardameta pontevedresa consolidouse no equipo adestrado por Alicia Morell e participará, do 8 ao 10 de decembro, no Torneo IV Nacións que terá lugar en Guadalaxara.

Silvia concentrarase co resto do equipo nacional o mércores 29 de novembro, e ademais do propio torneo afrontará senllos encontros de preparación os días 2 e 5 de decembro.

No Torneo IV Nacións a Selección Española enfrontarase aos equipos de Rusia, Italia e Portugal.

A convocatoria complétana: Jenny (Universidad de Alicante), Belén (Alcorcón), Isa García (Alcorcón), Amelia (Roldán), Mayte Mateo (Roldán), Ana Luján (Alcorcón), Irene (Alcorcón), Ampi (Citta Di Montesilvano), Berta (Penya Esplugues), Luci (Ourense Envialia), Consu (Roldán), Vanessa Sotelo (Alcorcón) e Cris (UCAM Murcia).