Silvia, Jenny e Ale de Paz, primeiras renovacións no Poio Pescamar

Poio
12 de xuño 2018

Apenas uns días despois de dar por finalizada a tempada e sen case descanso, o Poio Pescamar púxose a traballar no seu novo proxecto deportivo, que estará dirixido por Dani Díaz no banco

Silvia Aguete, no partido entre Poio Pescamar e Burela
Silvia Aguete, no partido entre Poio Pescamar e Burela / Diego Torrado

Só pasaron uns días desde o final da tempada para o Poio Pescamar, coa súa eliminación nos cuartos de final da Copa de España, pero o cadro vermello non malgastou o tempo e púxose a traballar no seu novo proxecto deportivo.

Xa sen Marcio Santos no club, a etapa de Dani Díaz no banco arrincou con tres renovacións importantes.

O club presidido por Juanjo García, que aspira a dar un subir un chanzo máis e pelexar polos postos de honra na Primeira División, confirmou a continuidade de tres dos puntais do equipo como Silvia Aguete, Jenny Lores e Ale de Paz.

No caso da gardameta internacional, a súa renovación supoñerá afrontar a quinta tempada no equipo, do mesmo xeito que a capitá Jenny Lores, mentres que Ale de Paz afrontará o seu cuarto curso no club da Seca.