Xornada importanmte para a Sociedad Deportiva Teucro no seu obxectivo de pelexar polo ascenso á División de Honra Prata.
O vindeiro sábado 8 de febreiro (17.00 horas) visitará o Pavillón Municipal dos Deportes o intratable líder da Primeira Nacional, o OAR Coruña.
Trátase dun equipo que só perdeu un encontro no que vai de liga e que conta xa con 9 puntos de renda sobre os seus inmediatos perseguidores.
Nese grupo, con até cinco equipos en só dous puntos, transita un Teucro que é terceiro empatado na segunda praza co Gáldar e quere facerse con praza para a fase de ascenso.
Por iso sumar fronte ao OAR pode resultar decisivo, e o club pontevedrés quere o máximo apoio da súa afección.
Para conseguilo activou a promoción 'Un socio, un amigo', na que premiará os seus abonados máis fieis.
Cada socio teucrista poderá dispor dunha invitación para un acompañante de cara a este encontro no Pavillón Municipal.
"Esperamos que os socios veñan acompañados e os xogadores noten o empuxe dunha afección que sempre apoia cando o equipo o necesita", sinalan desde o Teucro.