A sede viguesa da Real Federación Galega de Fútbol foi escenario este mércores do sorteo dos cadros finais de competición da Copa Galicia de fútbol sala, tanto na competición feminina como na masculina.
Na feminina o bombo deparou un novo emparellamento entre Burela e Poio Pescamar, que se medirán nas semifinais do torneo autonómico do mesmo xeito que nos oitavos de final da Copa da Raíña.
Pola súa banda o Marín Futsal terá como rival por un posto na gran final ao FSF Castro.
Os duelos de semifinais de Copa Galicia disputaranse o día 14 de febreiro, mentres que a final está prevista para o día 28 de marzo.