Sorteado o calendario da liga 'exprés' de Preferente

Pontevedra
10 de marzo 2021

A competición autonómica, que non contará con descensos, dará comezo o próximo 28 de marzo e finalizará o 27 de xuño

Partido de liga entre Pontevedra B e Céltiga na Xunqueira
Partido de liga entre Pontevedra B e Céltiga na Xunqueira / Diego Torrado

A competición en formato exprés na categoría de Preferente xa ten definida a súa folla de ruta completa, tras o sorteo do calendario por parte da Real Federación Galega de Fútbol.

Cabe lembrar que a intención para a categoría autonómica é iniciar a liga o 28 de marzo finalizando a tempada o 27 de xuño.

No que respecta, ao Grupo Sur, dividido en 3 grupos de 6 equipos, os clubs da comarca quedaron encadrados no subgrupo  C.

Na primeira xornada os duelos serán: Umia-Beluso, Cambados-Gran Peña e Pontevedra B-Vilalonga.

A tempada dividirase en dúas fases, sendo a primeira unha liga regular a dúas voltas na que os dous primeiros clasificados de cada subgrupo conseguirán o pase para o grupo de ascenso. Ademais o terceiro clasificado pelexará por unha praza na previa da Copa do Rei.

Consulta aquí o calendario completo do Subgrupo C-Sur de Preferente.