Sorteados os grupos do Nacional Infantil Feminino de baloncesto que se disputará en Marín

Marín
30 de maio 2017

O colexio A Inmaculada de Marín acolleu este martes a presentación oficial e o sorteo dun evento que encherá de deporte a vila do 11 ao 17 de xuño

Presentación e sorteo do Campionato de España Infantil Feminino de Baloncesto
Presentación e sorteo do Campionato de España Infantil Feminino de Baloncesto / Federación Galega de Baloncesto

O colexio A Inmaculada de Marín acolleu este martes a presentación oficial e o sorteo da competición do Campionato de España de Baloncesto Infantil Feminino que se celebrará na vila do 11 ao 17 de xuño.

Os pavillóns da Raña, O Sequelo e do Colexio San Narciso acollerán ata 80 partidos durante toda a semana entre os 32 equipos participantes.

O xornalista Terio Carreira conduciu un acto no que estiveron presentes, ademais da alcaldesa María Ramallo, a Secretaria Xeral para o Deporte, Marta Míguez, o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Paco Martín, ou xogadoras de elite como a compostelá Arantxa Mallou.

Unha vez celebrado o sorteo, os oito grupos de competición quedaron configurados da seguinte maneira:

  • Grupo A: Sant Adriá, Celta Zorka, Rivas Ecópolis, El Pilar.
  • Grupo B: Estudiantes, Gran Canaria, Ramón y Cajal, segundo clasificado fase País Vasco.
  • Grupo C: Valencia BC, Maresme a Coelmin Llavaneres, Stadium Casablanca, San Agustín.
  • Grupo D: Basket Almeda, Ponce Valladolid, primer clasificado fase País Vasco, Helios.
  • Grupo E: Inacua G+B, Mendillorri, CBA Cinco, Agustinas León.
  • Grupo F: Escolapios, AD Infante, Melilla, Valencia Genoves.
  • Grupo G: Previaula Bavieca, Aranguren, Mariano Franciscanas, Campus Promete.
  • Grupo H: Pío XII Rosalía, Alqázeres, Baloncesto Navia, Real Canoe.