Supermercados Froiz e Farto mostran boa imaxe na Copa España pero regresan sen premio

Pontevedra
25 de abril 2021

Nova xornada de Copa de España para o Grupo Deportivo Supermercados Froiz e primeira para o Team Farto. A escuadra alimenticia desprazouse á Valladolid para disputar o Memorial Ángel Lozano, onde Nicolás Antorena foi o mellor dos pontevedreses cun 28 posto. Pola súa banda, Agnieta Francke, para o Farto, chegou en 13 posición no Gran Premio Igartza

O Supermercados Froiz no Memorial Ángel Lozano de Valladolid
O Supermercados Froiz no Memorial Ángel Lozano de Valladolid

Nova xornada de Copa de España para o Grupo Deportivo Supermercados Froiz e primeira para o Team Farto. A escuadra alimenticia desprazouse á Valladolid para disputar o Memorial Ángel Lozano, onde Nicolás Antorena foi o mellor dos pontevedreses cun 28 posto. Pola súa banda, Agnieta Francke, para o Farto, chegou en 13 posición no Gran Premio Igartza.

Foi unha xornada de vento a vivida este domingo para o Froiz. Un día rápido, como se esperab. Produciuse unha fuga de tres corredores do Froiz que foron neutralizados a falta de 60 quilómetros da meta.

A gran velocidade debido á chaira do terreo decidiu a gran final ao sprint, onde entraron un total 70 corredores. O vencedor da etapa foi David Martín do Eolo Kometa, gañador por segundo ano consecutivo.

O mellor da escuadra alimenticia foi Nicolás Antorena. Pablo Alonso, que é noveno e loita pola xeral da Copa de España, chegou 32.

Pola súa banda, o Team Farto - BTC estivo presente na carreira inaugural da Copa de España Féminas co Gran Premio Igartza, na localidade vasca de Beasain.

A mellor das pontevedresas foi Agnieta Francke, que terminou en décimo terceiro posto a 4:23 minutos da líder.

Na xeral por equipos, o club non tivo opcións e finalizou en oitavo lugar, só por diante do Bizkaia Durango.