Suspenden a viaxe a Palencia organizada por afeccionados que estaba patrocinado polo grupo opositor ao Consello

Pontevedra
24 de xaneiro 2017
Actualizado: 18:35

Unha das afeccionadas ao cargo da organización, Fátima Aboal, confirmou a suspensión "para evitar malos entendidos y rencillas entre los socios" debido ao aptrocinador da viaxe e ao desprazamento organizado tamén polo club

Afeccionados do Pontevedra no Fondo Norte de Pasarón durante o encontro ante o Racing
Afeccionados do Pontevedra no Fondo Norte de Pasarón durante o encontro ante o Racing / Diego Torrado

O Pontevedra non estará só no seu próximo desprazamento ligueiro, o vindeiro domingo 29 de xaneiro (17:00 horas) na Nueva Balastera de Palencia, pero finalmente o único desprazamento de afeccionados será o impulsado polo club.

A viaxe organizada por un grupo de afeccionados para asistir ao encontro suspendeuse unhas horas depois do seu anuncio "para evitar malos entendidos y rencillas entre los socios", confirmou unha das encargadas do mesmo, Fátima Aboal.

O desprazamento estaba patrocinado polo grupo opositor ao Consello de Administración. En concreto contaban co apoio económico de Bateamar S.L., unha das empresas controladas polos irmáns Abal Camiña.

IMPORTANTE RENOVACIÓN NO PALENCIA

Nos últimos días o Club Deportivo Palencia, próximo rival dos granates, experimentou unha importante renovación nas súas filas. O club castelán deu ata cinco baixas e incorporou dous futbolistas, e segue traballando para lograr novas fichaxes que reforcen ao equipo na segunda parte da tempada.

Os que abandonaron o equipo son Iván Zarandona, David Durántez, Héctor Granado, Iván Murillo e Antonio Segura. Pola súa banda as recentes altas de xogadores son as de Pablo Navas, interior zurdo procedente do Torrevieja, e Pablo Gallardo, defensa central que retorna a España tras o seu paso pola liga da India.

Todo para tentar que o equipo adestrado por Óscar de Paula corte a xeira negativa que acumula de cinco derrotas consecutivas e consiga remontar posicións para escapar dos postos de descenso nos que actualmente se atopa.