A sexta edición da Gladiator Race de Pontevedra non poderá celebrarse tal e como estaba previsto os días 6 e 7 de xuño na Illa das Esculturas.
Aínda que era un anuncio case xa esperado tras o calendario de desescalada anunciado polo Goberno, a organización da popular proba de obstáculos confirmou este xoves a súa decisión.
"Estamos a valorar opcións para este ano, a propósito que non será fácil aínda así a organización dunha proba desta dimensión, ou directamente pospoñela a 2021", explicaron nun breve comunicado.
Comunicada a cancelación, polo menos na data prevista inicialmente, a Gladiator Race pide "uns días" para valorar que decisión tomar.
A proba, que en 2019 congregou máis de 1.700 pontevedreses, contaba xa con máis de medio milleiro de deportistas anotados.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.