A Covid volve afectar indirectamente ao Club Baloncesto Arxil, que por segunda xornada consecutiva non disputará o seu partido previsto na Liga Feminina 2.
Se a pasada fin de semana o cadro pontevedrés tivo que aprazar o seu encontro na cancha do Rosalía santiagués pola corentena de varias das súas xogadoras, agora o seu próximo rival, o Ibaizábal, anunciou un positivo nas súas filas.
O club vasco confirmou a incidencia, que lle obrigou a suspender tanto o partido previsto co Arxil o vindeiro sábado 31 como o que ía disputar este mesmo xoves fronte ao Celta.
Los partidos del jueves 29 ante @Celtabaloncesto y sábado 31 ante @cbarxil quedan suspendidos por un positivo en la plantilla de nuestro equipo!!
— Ibaizabal ST (@IbaizabalST) October 27, 2020
Esperamos poder estar pronto de vuelta. pic.twitter.com/iMTGCdiEF2
Trátase da terceira xornada, de catro de liga, que se ven aprazadas para as verdes, que esta semana puideron recuperar o choque da primeira xornada suspendido no seu momento ante o Baxi Ferrol, con derrota no CGTD.
De non producirse novas incidencias, o seguinte encontro fixado para o Arxil disputarase o 7 de novembro no Centro Galego de Tecnificación ante o Cortegada de Vilagarcía.