Táboas nun disputado derbi entre Poio Pescamar e Ourense Envialia (1-1)

Poio
17 de setembro 2016

O Poio non puido conseguir o triunfo na súa estrea ligueira casa. Ceci adiantou ás vermellas aos catro minutos pero o cadro ourensán empatou pouco despois. A pesar de contar con opcións, o marcador xa non se movería

Partido entre Poio Pescamar e Ourense Envialia na Seca
Partido entre Poio Pescamar e Ourense Envialia na Seca / Cristina Saiz

Repartición de puntos na estrea ligueira na casa do Poio Pescamar, co primeiro derbi galego da tempada ante o Ourense Envialia (1-1).

Nun partido moi disputado, as vermellas foron as primeiras en golpear. Despois dun inicio igualado e con poucas ocasións, Ceci acertou á primeira cun potente disparon aos catro minutos de xogo.

A alegría durou pouco, xa que no minuto 8 Bea Seijas poñía as táboas nun remate ao segundo pau.

Na segunda metade o Poio Pescamar fíxose co mando do partido e contou con ocasións para levar os tres puntos, pero non acertou ante portería e o marcador xa non se movería.

POIO PESCAMAR (1): Silvia, Ceci, Charo, Jéssi, Jenny -cinco inicial- Ale de Paz, Patri Corral, Suki, Cárol.

OURENSE ENVIALIA (1): Vane, Sara Moreno, Nerea Lorenzo, Bea Seijas, Jéssica Diéguez -cinco inicial- Sara Martínez, Antía, Marta Rodríguez.

Goles: 1-0 Ceci, min.4; 1-1 Bea Seijas, min.8.

Incidencias: Partido disputado no pavillón da Seca, en Poio, ante máis de 300 espectadores.