Támara Echegoyen e Paula Barceló apuntan cara á Medal Race no Europeo de 49er FX

Pontevedra
08 de xullo 2022

Na súa primeira competición tras os Xogos Olímpicos de Tokyo, a regatista pontevedresa e a súa compañeira de tripulación pasaron á fase final do Campionato de Europa, previa á Medal Race, na novena posición xeral e como sexto equipo europeo

Támara Echegoyen e Paula Barceló
Támara Echegoyen e Paula Barceló / Sailing Energy

É a súa primeira competición tras ser cuartas nos Xogos Olímpicos de Tokyo hai xa 11 meses, pero Támara Echegoyen e Paula Barceló apenas parecen notar a inactividade no Campionato de Europa da calse 49er FX que se está a disputar esta semana na localidade de Aarhus, en Dinamarca.

Aínda que cunha certa irregularidade nos seus resultados, a regatista pontevedresa e a súa compañeira de tripulación lograron consolidarse no Top-10 entrando no Grupo Oro da competición cando se inicia a súa fase final, previa á Medal Race do domingo.

Así, tras nove regatas completas e tres días de competición, Echegoyen e Barceló encaraban este venres desde a novena posición do xeral pero como sexto mellor equipo europeo.

Fano ademais tras completar o xoves a súa xornada máis completa cun terceiro, un décimo e un cuarto posto. Previamente gañaran a primeira regata, pero un probelma técnico que lles obrigou a retirarse da terceira manga e un 19º posto noutra lles penalizaron na clasificación.

O outro equipo español en FX, a galega Patricia Suárez e a canaria María Cantero, afrontan a recta final do Europeo desde  a décimo cuarta posición e como novena mellor tripulación europea.