Támara Echegoyen e Paula Barceló rozan a medalla no Europeo de 49erFX

Pontevedra
10 de xullo 2022

Non puido ser. Támara Echegoyen e Paula Barceló quedáronse ás portas da medalla no Campionato de Europa da calse 49er FX que celebrou esta semana na localidade de Aarhus, en Dinamarca

Támara Echegoyen e Paula Barceló nos Xogos Olímpicos de Tokyo
Támara Echegoyen e Paula Barceló nos Xogos Olímpicos de Tokyo / Sailingshots by María Muíña / RFEV

Non puido ser. Támara Echegoyen e Paula Barceló quedaron ás portas da medalla no Campionato de Europa da calse 49er FX que celebrou esta semana na localidade de Aarhus, en Dinamarca.

Aínda que as regatistas mostraron certa irregularidade ao longo de toda a competición, consolidáronse no Top10 cando o Campionato entrou na súa fase final, clasificándose na sexta posición para a Medal Race celebrada este domingo.

Debían facer unha boa manga para poder acceder ao podio e loitaron por conseguilo. Chegaron terceiras na Medal Race, unha posición realmente boa pero insuficiente para gañar a medalla, xa que os malos resultados previos condenáronas á cuarta praza.

Echegoyen e Barceló gañaron a primeira regata, retiráronse na terceira por un problema técnico e un 19º posto penalizounas na clasificación. Ademais, conseguiron un terceiro, décimo e cuarto posto na xornada do xoves.

Pola súa banda, os tamén españois Diego Botín e Florian Trittel fixéronse co ouro.