Támara Echegoyen regresa ao Top10 do Europeo de 49er FX tras conseguir un valioso quinto posto

Pontevedra
03 de outubro 2020

A parella galego-balear, formada por Támara Echegoyen e Paula Barceló, pasouno bastante mal na xornada onde a espera colleulles de cheo, tendo que pelexar unha e outra vez para conseguir unha saída válida. As subidas de vento e roles de 30-40 e ata 50º, puxéronlle as cousas complicadas ás campioas do mundo que, tras unha única manga, alcanzaron a meta en quinto lugar

Támara Echegoyen e Paula Barceló
Támara Echegoyen e Paula Barceló / Sailing Energy

 Támara Echegoyen e Paula Barceló escalaron ao Top10 no Europeo de 49 er tras conseguir un quinto posto na regata disputada este sábado en augas do lago Atter, Austria.

A parella galego-balear pasouno bastante mal na xornada onde a espera colleulles de cheo, tendo que pelexar unha e outra vez para conseguir unha saída válida. As subidas de vento e roles de 30-40 e ata 50º, puxéronlle as cousas complicadas ás campioas do mundo que, tras unha única manga, alcanzaron a meta en quinto lugar.

Esta boa posición permítelles regresar ao Top10 da clase, concretamente ao décimo posto tras descender na xornada anterior ao duodécimo.

Agora, o Campionato de Europa encárase cara á serie final, estando prevista a regata decisiva de peche o vindeiro domingo día 4 de outubro. 

En canto á clasificación xeral, a primeira posición segue sendo das alemás Tina Lutz e Susann Beucke, seguidas das norueguesas Naess e Ronningen, e as italianas Omari e Distefano.