Non puido despedirse do Pavillón Príncipe Felipe con vitoria o Tenis de Mesa Monte Porreiro, que caeu ante o CTT Olot na penúltima xornada de liga na Superdivisión Masculina por un contundente 0-4.
O equipo lerezano non tivo opcións ao longo dun encontro que arrincou coa derrota de Martín Betancor por 1-3 fronte a Rafael de las Hieras.
Nicolás Galvano cravou o mesmo resultado para saír derrotado do seu choque contra Miguel Ángel Pantoja, polo que o resultado xa era de 0-2 no global para o cadro catalán.
Lonxe de ameazar coa remontada, o Tenis de Mesa Monte Porreiro non se achegou no marcador unha vez terminado o terceiro encontro, que culminou con derrota local de André Felipe (2-3).
Tampouco sacou nada positivo no úlimo enfrontamento un Martín Betancor que quixo redimirse da súa derrota inicial. Non o logrou, pois caeu por por un axustado 2-3 que deixou sen opcións aos seus.
Concluíu o partido cun avultado 0-4 no global que deixou o equipo pontevedrés sen unha última vitoria na casa antes de despedir a tempada a próxima semana.
Farano como visitantes na Cidade Deportivo Carlos Machado, en Córdoba. Enfrontaranse ao campión de liga, o Real Club Cajasur.
Este duelo pechará a tempada da Superdivisión Masculina sen nada en xogo para ninguén, pois o Tenis de Mesa Monte Porreiro será sétimo na clasificación pase o que pase.
Consulta a acta neste enlace.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.