Tere Abelleira, "feliz de seguir dous anos máis no Real Madrid"

Pontevedra
01 de marzo 2022

A futbolista pontevedresa anunciou a súa renovación por dúas tempadas máis co Real Madrid, club no que aterrou no verán 2020 e no que chegou a converterse en internacional absoluta

Teresa Abelleira tras renovar o seu vínculo co Real Madrid ata 2024
Teresa Abelleira tras renovar o seu vínculo co Real Madrid ata 2024 / Real Madrid

A aventura de Teresa Abelleira no Real Madrid terá continuidade as próximas tempadas.

A futbolista pontevedresa anunciou a súa renovación por dúas campañas máis, ata 2024, un acordo que demostra a importancia que adquiriu a centrocampista nun club da dimensión do branco.

Abelleira, que aterrou no Real Madrid no verán de 2020 procedente do Deportivo tras a creación da sección feminina na entidade, foi unha indiscutible desde entón para o equipo e chegou a converterse en internacional absoluta coa Selección Española.

Aos seus 22 anos Teresa asegurou de estar "feliz de seguir dous anos máis no Real Madrid". Por ese motivo quixo dar as "grazas ao club pola confianza e á afección por mostrarme o seu agarimo, seguimos da man para facer grandes cousas".

Desde a súa chegada ao club da capital de España Tere Abelleira disputou 46 partidos de liga coa camiseta branca e tamén se puido estrear na máxima competición continental, a Champions League.