Despois de ser citada en varias ocasións para concentracións de adestramento en Las Rozas, Teresa Abelleira debutará nun torneo oficial coa Selección Española Sub-17 de fútbol.
A futbolista pontevedresa do Deportivo convenceu á seleccionadora, Toña Is, e foi incluída na convocatoria para a Rolda Elite de Portugal, torneo clasificatorio para a fase final do Campionato de Europa da categoría que se disputará do 2 ao 14 de maio na República Checa.
Abelleira viaxará co equipo nacional do 26 de marzo ao 3 de abril ao país veciño, onde España enfrontarase a Portugal, Islandia e Suecia na busca dunha única praza para o Europeo.
É a única futbolista galega nunha convocatoria que completan: Rosa Ortemín (Atlético de Madrid); Oihane Hernández (Athletic Club); Rosa Márquez (Real Betis); Catalina Thomas Coll (UD Collerense); Laia Aleixandri, Berta Pujadas, Candela Andújar, Ana Torroda, Claudia Pina (FC Barcelona); Carla Bautista (Fundación Albacete); Silvia Rubio (Madrid CFF); Lorena Navarro (CD Tacón); Juana Torres (CD Pozoalbense); Nerea Eizaguirre (Real Sociedad); María Subies (Reus Deportivo); Eva María Navarro (CF Spa Alicante); e Alba Pérez (Granada CF).