Teresa Abelleira, incluída na convocatoria máis polémica da Selección Española Absoluta

Pontevedra
30 de setembro 2022

A centrocampista pontevedresa do Real Madrid é unha das 25 seleccionadas por España para os seus próximos compromisos, na primeira lista desde que 15 xogadoras críticas coa xestión do equipo nacional renunciasen a ser convocadas

Teresa Abelleira, nun adestramento coa Selección Española Absoluta
Teresa Abelleira, nun adestramento coa Selección Española Absoluta / RFEF

Moita expectación había este venres ante a primeira convocatoria da Selección Española Absoluta Feminina de Fútbol despois de que 15 das habituais integrantes do equipo nacional, críticas coa xestión que se está levando a cabo na Selección, renunciasen a ser citadas.

Ademais das 15 futbolistas que, vía correo electrónico, afirmaron non atoparse en condicións de ser convocadas, dous pesos pesados do equipo como as capitás Irene Paredes e Jenni Hermoso, xunto con Alexia Putellas, apoiaron ás súas compañeiras.

Nesa lista de renuncias non se atopaba a pontevedresa Teresa Abelleira, unha habitual nos últimos meses na Selección Española e que participou de feito na Eurocopa do pasado verán.

A centrocampista do Real Madrid é de feito una das 25 xogadoras que foron incluídas na renovada selección nacional este venres, sendo das poucas que repite con respecto ao citado campionato continental.

No medio de toda a polémica que rodea á Selección, España afrontará un dobre compromiso de preparación para o Mundial que se celebrará en 2023 en Australia e Nova Zelandia, midiñendose o 7 de outubro a Suecia e o día 11 a Estados Unidos.