A menos de 100 días para que de comezo o Campionato do Mundo Absoluto de Seleccións, só un contratempo inesperado parece poder apartar a Teresa Abelleira da lista final de España para a máxima competición internacional.
Sería o seu segundo gran campionato internacional tras o pasado Europeo, pero agora Abelleira chegará á cita cun maior peso dentro do equipo nacional. Só hai que ver de feito o acontecido este martes no último encontro amigable previo á cita mundialista, o choque que medía a España con China na localidade balear de Eivissa.
A centrocampista pontevedresa foi titular no ensaio definitivo do seleccionador Jorge Vilda, marcando ademais o tanto que abría a lata e daba paso á goleada por 3-0 coa que concluiría o encontro.
Nada máis comezar o segundo tempo, Jenni Hermoso arrincaba con calidade unha xogada que acababa co balón nos pés de Tere na frontal da área. A xogadora do Real Madrid controlaba, recortaba e conectaba un potente e certeiro disparo con sauu perna dereita que convertía non só no 1-0, senón que significaba o seu primeiro gol coa camiseta da Selección Española Absoluta.
DE ESPAÑA!
— Selección Española Femenina de Fútbol (@SEFutbolFem) April 11, 2023
Marca @teresabelleira tras acomodarse el disparo.
¿¡PERO QUÉ HA HECHO @Jennihermoso PARA INICIAR LA JUGADA¡?
45'
@teledeporte #JugarLucharYGanar pic.twitter.com/JjPgL0QQnN
Despois chegarían dous goles máis, de Athenea e Eva Navarro, xa con Abelleira no banco tras ser substituída, pechando a goleada e a preparación de España.
"É unha alegría inmensa, agradezo o agarimo das compañeiras e poder celebrar este primeiro gol", sinalou Tere Abelleira tras o partido en declaracións á Real Federación Española de Fútbol acordándose ademais da súa familia porque "estou a pasar un ano un pouco regulero e vai por eles polo apoio incondicional".