Tere Abelleira entra na prelista de España para o Mundial

Pontevedra
12 de xuño 2023

A futbolista pontevedresa é unha das 30 xogadoras citadas polo seleccionador Jorge Vilda para participar na concentración de preparación para o Mundial de Australia e Nova Zelandia. A lista reducirase a 23 futbolistas o próximo 30 de xuño, día no que se anunciará a convocatoria definitiva para a Copa do Mundo

Tere Abelleira, nunha concentración da Selección Española Absoluta
Tere Abelleira, nunha concentración da Selección Española Absoluta / RFEF

A un paso do Mundial está Teresa Abelleira, tras a prelista para o campionato que ofreceu este luns o seleccionador nacional absoluto, Jorge Vilda.

A centrocampista pontevedresa do Real Madrid, unha fixa nos plans de vila nos últimos meses, é unha das 30 futbolistas que foron citadas á derradeira concentración de preparación previa á gran cita que terá lugar a partir do 20 de xullo en Australia e Nova Zelandia.

A lista reducirase a 23 futbolistas o próximo 30 de xuño, día no que ten que darse a convocatoria definitiva para o máximo torneo internacional.

Este stage de preparación dará comezo o próximo día 19 de xuño en Benidorm, estando previsto quer a Selección Española Absoluta se desprace a Asturias para afrontar un enucntro amigable fronte a Panamá o 29 de xuño (Estadio Román Suárez Puerta de Avilés, 21.00 horas).

Se pasa o corte definitivo, Abelleira e o resto de internacionais viaxarán a Dinamarca para medirse á selección local o 5 de xuño, na que será a última cita de preparación antes de partir cara a Nova Zelandia.

Na prelista de España destaca por outra banda o regreso de Alexia Putellas e de tres das 15 xogadoras que no seu momento renunciaron a ser convocadas desatando unha intensa polémica, como son Ona Batlle, Aitana Bonmatí e Mariona Caldentey.