A augas baixas revoltas no Zamora CF a poucos días de ter que visitar ao Pontevedra no Estadio Municipal de Pasarón, aínda que o fan por cuestións puramente extradeportivas.
Segundo informou eldiario.es o presidente da entidade zamorana, Víctor de Aldama, foi detido pola Garda Civil no marco dunha operación que investiga o suposto cobro de comisións en adxudicacións fraudulentas de máscaras durante a pandemia.
Trátase dunha operación na que foron detidas 20 persoas, entre as que se atopa tamén Koldo García, asesor de confianza do ex-ministro de Fomento, José Luis Ábalos.
En concreto a Unidade Central Operativa da Garda Civil investiga o gasto de 53 millóns de euros durante a pandemia por parte dos ministerios de Fomento e Interior e as comunidades autónomas de Canarias e Baleares.
A investigación está a ser dirixida pola Audiencia Nacional coa participación da Fiscalía Anticorrupción.
Víctor de Aldama é o máximo accionista do Zamora CF desde o ano 2020.