Máis aló dos resultados deportivos, a Sociedad Deportiva Teucro quere sentar as bases para un proxecto de futuro.
Dentro deses plans incluír diversas iniciativas, como unha campaña de socios para a segunda volta do campionato na Primeira Nacional Masculina.
Unha campaña na que o vicedecano do balonmán nacional chama á Boa Vila e a todos os pontevedreses a "engancharse" ao equipo.
"Chamamos a engancharse a un proxecto, a unha cidade, a un equipo, a unha base, a unha cor, e vivir xuntos un crecemento cun prometedor futuro", afirma a entidade teucrista.
Faino seguro de que "estar enganchado ao Teucro vale a pena".
O prezo dos carnés de socios de segunda volta é o seguinte:
Senior: 35 euros
Familiar: 70 euros
Xubilado: 25 euros
Socio Novo (15-25 anos): 20 euros