O Teucro xa coñece o seu calendario: Derbi co Poio Artai na segunda xornada

Pontevedra
10 de xullo 2026

O cadro teucrista debutará nun esixente duelo en casa ante o Valinox Novás, visitará o Poio Artai na segunda xornada e pechará a liga ante o Lalín no Municipal

Partido de Primeira Nacional entre Sociedade Deportiva Teucro e Bueu Atlético Balonmán
Partido de Primeira Nacional entre Sociedade Deportiva Teucro e Bueu Atlético Balonmán / Cristina Saiz

O Teucro Lintel xa coñece a súa folla de ruta para a nova e ilusionante tempada en Primeira Nacional. O equipo de Sergio Carballeira non deberá esperar para someterse ao primeiro exámen de nivel, pois se estreará o 20 de setembro na cidade do Lérez recibindo a un dos grandes favoritos polo ascenso como é o Valinox Novás.

Tampouco se demora un dos grandes e novos derbis que depara este curso, pois os azuis visitarán o recentemente ascendido Poio Artai na segunda cita da competición. Un esixente duelo para un conxunto poiense que, pola súa banda, debutará a domicilio na cancha do Club Balonmán Lalín.

Un Lalín que marcará o final da primeira volta para o cadro teucrista o día 10 de xaneiro e que suporá, ademais, o peche do campionato regular para os azuis o 2 de maio no Pavillón Municipal dos Deportes.

Doutra banda está o Poio Artai, que nun previsible final de liga marcado pola loita pola permanencia, visitará outro candidato a pelexar na zona baixa da táboa como é o Balonmán Cañiza. Este enfrontamento directo marcará o final da tempada para o equipo de Víctor Castro.

Outro dos equipos da comarca, o Bueu Atlético Balonmán, abrirá o seu pano en Ribadavia ante o Balonmán Ribeiro na primeira data da competición e finalizará o seu curso 26/27 cunha complexa visita ao feudo do Valinox Novás.

En canto aos derbis comarcais, Teucro e Bueu veranse as caras na Boa Vila o 20 de decembro para disputar a xornada 14 e repetirán enfrontamento nun emocionante penúltimo partido de liga o 25 de abril.

A escuadra bueuense acollerá o primeiro duelo co Poio Artai na oitava xornada de liga, que se celebrará o 8 de novembro. A volta terá lugar na Seca na xornada 23 de competición prevista para o 7 de marzo.

Serán sete meses de campionato que deparan emocións fortes nunha Primeira Nacional que xa activa a súa conta atrás para o arranque da competición.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora