O Teucro estrea patrocinador principal

Pontevedra
02 de xullo 2026

A chegada do novo socio, sinalan desde o club, supón un impulso importante para a entidade, xa que permitirá reforzar o proxecto do primeiro equipo e o traballo da base

Partido de Primeira Nacional entre Teucro e Lalín
Partido de Primeira Nacional entre Teucro e Lalín / Cristina Saiz

A Sociedad Deportiva Teucro inicia unha nova etapa coa incorporación dun patrocinador principal que dará nome ao seu primeiro equipo desde este 1 de xullo de 2026.

O conxunto pontevedrés competirá a partir de agora baixo o nome de Teucro Lintel.

Esta denominación é froito dun acordo "que nos permitirá seguir impulsando o crecemento deportivo, social e formativo do club".

Desde o equipo lerezano destacan que a chegada deste socio estratéxico supón un impulso importante para a entidade.

Entenden que o patrocinio permitirá reforzar o proxecto do primeiro equipo e o traballo da base.

O Teucro quixo agradecer a confianza depositada polo seu novo patrocinador, subliñando a importancia deste tipo de alianzas para soster e facer evolucionar o deporte.