A Sociedad Deportiva Teucro fixo os deberes, e a pesar de estar aínda ás portas do verán, xa ten perfilado o plantel co que competirá a próxima tempada 26-27.
A guinda a ese proxecto foi a fichaxe de Álex Pereiro.
O central galego regresa ao club no que xa militou entre 2021 e 2022 na División de Honra Prata.
Despois pasou por equipos como o BM Alcobendas tamén en Prata ou o BM Safa en Primeira Nacional alcanzando a última tempada unha media de 6,5 goles por encontro.
Agora aos seus 27 anos vueve ao Teucro para reforzar a primeira liña do equipo e como "un xogador contrastado, capaz de achegar talento, liderado e solucións ofensivas", asegura a entidade pontevedresa.
"O seu coñecemento da casa, unido ao crecemento experimentado nas últimas tempadas, convérteno nunha incorporación de gran valor para o proxecto deportivo teucrista".
Con esta fichaxe o vicedecano do balonmao nacional dá "practicamente por pechado" un plantel co que buscará pelexar polo ascenso de categoría.
Pereiro é a sétima incoporación do equipo, sumándose a Álvaro García, Dani López, Xoel Martínez, Álex López, Alejandro Gómez e André de Moura.