A Liga Asobal confirmou os horarios de xogo para a terceira rolda da Copa do Rei, na que o Condes de Albarei Teucro se enfrontará ao Balonmano Benidorm.
Esta elimintaoria, segundo as bases de competición, debía disputarse a dobre partido os días 20 e 23 de dociembre, pero ambos os clubs pactaron adiantar os encontros para poder comezar antes as vacacións de Nadal e favorecer os desprazamentos dos seus xogadores.
Desta forma a ida xogarase finalmente o luns 18 de decembro (20:45 horas) en Benidorm, mentres que a volta terá lugar no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra o xoves 21 (20:45 horas).
En xogo estará unha praza para a cuarta rolda do torneo do K.O., última antes de chegar á final a 8 da competición.
Será ademais o punto e final a un intenso mes de decembro, no que os azuis deberán afrontar ata catro xornadas de liga comprimidas en apenas 11 días, con encontros ante Cangas (2 de decembro) e Bidasoa (9 de decembro) a domicilio e ante Ciudad Encantada (6 de decembro) e Barcelona (13 de decembro) na casa.