Teucro e Cisne, presentes na convocatoria da Selección Galega Absoluta

Pontevedra
24 de decembro 2015

A Selección Galega xogará un dobre amigable o próximo fin de semana no Rosal e Cangas do Morrazo ante Marrocos

Toño Puga e Carlos García durante un adestramento do Teucro
Toño Puga e Carlos García durante un adestramento do Teucro / Mónica Patxot

A Selección Galega Absoluta volve por Nadal cun dobre enfrontamento ante Marrocos, o primeiro o vindeiro sábado 26 de decembro (20:00 horas) no Rosal e o segundo un día despois, domingo, en Cangas do Morrazo (18:00 horas).

Por ese motivo os seleccionadores, Víctor García 'Pillo' e Quique Domínguez, deron a coñecer a lista de xogadores convocados á cita, na que hai unha importante representación pontevedresa.

Entre os elixidos figuran seis xogadores da Sociedad Deportiva Teucro como son Víctor Rodríguez, Edu Moledo, David Chapela, Carlos García, Rial e Dani Hernández. Ademais está incluído na convocatoria Álex Chan e Pablo Galán, do Club Cisne Balonmán.

A primeira das citas, no Rosal, enmárcase dentro dunha xornada de balonmán que ten como motivo celebrar os 40 anos de vida do Atlético Novas.