Teucro e Termas de Cuntis, un acordo de patrocinio que "va más allá de lo económico"

Pontevedra
13 de setembro 2017

O Condes de Albarei Teucro presentou este mércores o acordo de patrocinio con Termas de Cuntis, cuxo logotipo lucirá na parte traseira das camisetas do primeiro equipo na Liga Asobal

Presentación do acordo de patrocinio entre o Teucro e Termas de Cuntis
Presentación do acordo de patrocinio entre o Teucro e Termas de Cuntis / PontevedraViva

O Condes de Albarei Teucro e Termas de Cuntis acordaron fortalecer o acordo de patrocinio que lles une na tempada de regreso do club pontevedrés á liga Asobal.

"Es un acuerdo que va más allá de lo económico", recoñeceu en rolda de prensa o presidente teucrista, Carlos García-Alén.

Desta forma, ademais de figurar na parte traseira das camisetas do primeiro equipo, o persoal adestrado por Quique Domínguez poderá facer uso das instalacións do balneario cuntiense.

"Ponemos las instalaciones a disposición del club y también nuestro equipo médico o fisioterapeutas para la recuperación de jugadores", explicou á súa vez Marisol Espiño, directora de Termas de Cuntis, entidade que a pasada campaña patrocinaba ao equipo infantil feminino do Teucro.

O acordo entre ambas as partes subscríbese por unha tempada pero "con la intención de renovar año a año", sinalou García-Alén.