A Sociedad Deportiva Teucro puxo en marcha a súa campaña de socios de cara á tempada 2025/2026 baixo a lema '81 motivos máis'.
A inscrición e retirada do carné xa está aberta e poderá realizarse até o 14 de agosto, en horario de 10:00 a 14:00 horas, no vestíbulo do Teatro Principal de Pontevedra.
Ademais, os afeccionados que se acheguen até o punto de información poderán gozar tamén da exposición 'Emocións do Teucro', unha mostra que repasa os momentos máis significativos do club durante os seus 81 anos de historia.
O prezo do carné de socio sénior para adultos é de 80 euros, mentres que o abono familiar ten un custo de 150 euros.
Os mozos de entre 15 e 25 anos poderán facerse socios por 50 euros e aqueles que desexen colaborar de maneira especial co club, poderán adquirir o carné de socio protector por 250 euros.
Por último, as persoas xubiladas poderán obter o seu abono por 60 euros.
CONTINÚAN Os MOVEMENTOS NO PLANTEL
Esta semana, o club pontevedrés confirmou novos movementos no seu plantel de cara ao comezo do próximo curso.
Entre as novidades destaca a renovación do lateral zurdo Roi González. A súa permanencia, destacan desde o club, garante "calidade, compromiso e proxección".
Doutra banda, o equipo lerezano anunciou a baixa de Brais Cerviño, quen non formará parte do plantel a próxima tempada.