O Teucro pecha o ano sen reacción ante un efectivo Carballal

Pontevedra
20 de decembro 2025

O conxunto pontevedrés, irregular e con altibaixos, encadea o seu cuarto partido sen gañar e despide o ano cunha nova derrota na cancha do Carballal (26-21)

Partido de Primeira Nacional entre Sociedad Deportiva Teucro e Balonmano Ingenio
Partido de Primeira Nacional entre Sociedad Deportiva Teucro e Balonmano Ingenio / Cristina Saiz

A Sociedad Deportiva Teucro non logrou pór fin á súa mala serie e encadeou o seu cuarto partido consecutivo sen coñecer a vitoria tras caer ante o Carballal por 26-21 no último encontro do ano.

O conxunto pontevedrés, irregular e con altibaixos no seu xogo, foi de máis a menos ante un rival que soubo aproveitar mellor os seus momentos e que se mostrou máis sólido nas dúas áreas.

O choque arrincou con moitas imprecisións por parte de ambos os equipos. De feito, houbo que esperar até o minuto 6:17 para ver o primeiro gol do partido, obra de Gonçalo Areias para o Teucro. A resposta dos locais non se fixo esperar, con Xoel Martínez igualando pouco despois.

A igualdade mantívose durante os primeiros compases (3-3, min. 10) ata que Rhuan e Miguel Monteagudo asinaron un parcial de 0-2 que daba a primeira vantaxe visitante. O Carballal reaccionou con contundencia, anotando un 5-1 que volteaba o marcador (8-6) e obrigaba a Moncho Pazos a solicitar tempo morto.

O conxunto pontevedrés conseguiu igualar nos minutos finais da primeira metade (10-10), pero un par de erros en ataque custáronlle caro e permitiron ao Carballal marcharse ao descanso con dous goles de renda (13-11).

Tras o paso polos vestiarios, o equipo vigués regresou con máis intensidade á cancha e asinou un parcial de 4-2 que puxo o 17-13 no luminoso, forzando un novo parón do técnico teucrista.

Os de Lérez tentaron reaccionar, pero o seu defensa seguiu concedendo demasiado aos xogadores locais, que chegaron a gozar dunha vantaxe máxima de cinco goles no ecuador do segundo tempo (20-15).

O Teucro logrou entón encadear os seus mellores minutos axustando o seu defensa e afinando a puntaría, e colocouse a só dúas tantos do empate no minuto 55 (22-20), deixando aberta a opción a unha posible remontada.

Pero cando os visitantes estaban a saborear esa posiblidad, o Carballal respondeu cun novo arreón, culminando cun parcial de 4-0 que sentenciou definitivamente o duelo (26-20). O último gol, obra de Dani Pintus, só serviu para maquillar o marcador (26-21).

Consulta as estatísticas neste enlace