Malas noticias en forma de lesión grave no Pontevedra Club de Fútbol.
Tiago Rodríguez, un dos futbolistas granates que maior rendemento mostrou no que vai de tempada, rompeu o ligamento cruzado do seu xeonllo esquerdo.
O centrocampista retirouse con molestias no seu xeonllo nos últimos minutos do duelo fronte ao Talavera, e ao seu regreso á Boa Vila foi sometido a unha resonancia magnética.
O resultado desa proba, segundo puido confirmar PontevedraViva, foi un dos peores posibles, ao reflectir a rotura total do ligamento cruzado do xeonllo.
Debido a iso Tiago verase obrigado a pasar polo quirófano antes de afrontar unha recuperación que se estima próxima aos 8 meses.
Iso significa que non voleverá aos terreos de xogo até a próxima tempada.
QUINTA LESIÓN SIMILAR EN POUCO MÁIS DUN ANO
A de Tiago Rodríguez é a segunda rotura de ligamento cruzado desta tempada no Pontevedra, que xa viviu un caso similar con Juanra.
Dous casos que se suman aos sufridos a pasada campaña con Churre (outubro do 24), Jesús Cambil e no tramo final da competición a Pelayo Suárez. Todo un pesadelo para un club granate.