Despois dun mes de espera, desde que se lesionou o 24 de outubro ante o Atlético Valladolid, Toño Lafuente foi operado da grave lesión de xeonllo que padece.
O gardameta do Cisne foi intervido este xoves no Hospital Miguel Domínguez dunha rotura do ligamento cruzado, o que lle terá afastado das canchas de xogo uns seis meses.
Lafuente perderase así o resto da tempada no que ía ser o seu ano de despedida da alta competición, polo que agora deberá decidir se quere continuar xogando un ano máis.
A operación foi exitosa, polo que agora comeza o período de recuperación do que é peza fundamental da familia cisneísta.