O Ravachol Pontevedra mantense na pelexa pola parte alta da clasificación do Grupo B da División de Honra tras conseguir unha traballada vitoria por 3-4 ante o Rinconada, nun partido que se decidiu nos partidos de dobres.
Os dobres mixto abriu a contenda con dominio claro do Ravachol. A parella formada por Ana Nóvoa e Jacobo Fernández impúxose no primeiro set con comodidade, aínda que cederon o segundo e estiveron a piques de perder o terceiro, finalmente gañaron no xogo decisivo (4-11, 11-9, 10-11, 3-11).
Nos dobres masculinos, Fernández e Patrick Michael Volkmann derrotaron a Joshua Magee e Enrico Baroni por un 0-3 (10-11, 9-11, 6-11), mentres que Franziska Volkmann e Georgina Eileen confirmaron a superioridade visitante en dobres feminino superando con claridade a Marta Calleja e Marta Molina por outro 0-3 (3-11, 6-11, 7-11).
Con todo, cando todo parecía sentenciado, chegou a reacción local nos enfrontamentos individuais.
Primeiro foi Leona Lee a que asinou unha gran actuación no individual feminino, superando con autoridade a Ana Nóvoa e sumando o primeiro punto rinconero (11-7 11-4 11-4).
Ese impulso viuse reforzado por Ernesto Baschwitz, que protagonizou unha das remontadas do día no individual masculino 2, levantando un 0-2 (5-11 8-11 11-6 11-10 11-5) para derrotar ao xogador do Ravachol Raúl Bergua e apertar o marcador até o 2-3.
O equipo pontevedrés respondeu con contundencia a través de Georgina Eileen, que gañou con claridade a Marta Calleja no individual feminino 1, asegurando o triunfo do equipo co 2-4 (6-11 4-11 2-11).
Aínda que a vitoria xa estaba en mans do cadro lerezano, o Bádminton Rinconada non baixou os brazos e, da man de Enrico Baroni, pechou a xornada cunha vitoria solvente fronte a Gabriel Fernández no individual masculino 1, establecendo o definitivo 3-4.
Consulta as estatísticas neste enlace