Tres puntos de ouro para o Ribadumia que asalta o Baltasar Pujales (1-2)

O Salnés
10 de abril 2016

Segue o Ribadumia facendo saltar a sorpresa nos campos máis difíciles da categoría. Todo o que lle custa sacar adiante os seus partidos como local, tradúcese en conseguir puntos fronte aos rivais máis complicados. Se hai apenas un mes conseguía derrotar o Cerceda no Roxo, nesta ocasión logrou asaltar o Baltasar Pujales, afastando ao Rápido de Bouzas dos seus soños de play-off

Partido entre Ribadumia e Rápido de Bouzas na Senra Diego Torrado

Segue o Ribadumia facendo saltar a sorpresa nos campos máis difíciles da categoría. Todo o que lle custa sacar adiante os seus partidos como local, tradúcese en conseguir puntos fronte aos rivais máis complicados. Se hai apenas un mes conseguía derrotar o Cerceda no Roxo, nesta ocasión logrou asaltar o Baltasar Pujales, afastando ao Rápido de Bouzas dos seus soños de play-off.

Os de Sierra aproveitáronse do mal partido do Rápido na primeira parte, dominando e creando máis perigo que o seu adversario, con dúas claras ocasións que Sergio Ríos, o mellor dos seus, logrou salvar.

Pouco antes de cumprirse a media hora de xogo, Changui é derrubado na área e o árbitro pita penalti, ante as protestas do equipo local. O mesmo Changui transforma, adiantando aos da Senra.

O gol deu confianza ao Ribadumia, crecido, que lograba o segundo antes do descanso por medio de Nando.

Co marcador costa arriba, a segunda parte foi de dominio do Rápido, pero os vigueses non estiveron acertados nos metros finais. Pereira, de cabeza, reducía diferenzas no minuto 57, pero o Ribadumia aguantou ben, defendendo con orde e intensidade, con caída na área incluída de Oki, que se reclamou como penalti, pero que o colexiado non sancionou, estimando que o dianteiro se había tirado, polo que foi amoestado.

Ao final, tres puntos vitais que permiten ao Ribadumia escapar dos postos de descenso directo e soñar con eludir tamén os máis que probables arrastres.

Consulta aquí o acta do partido.