Tres títulos máis en ligas galegas para o Waterpolo Pontevedra

Pontevedra
24 de xuño 2026

Ao alevín mixto foille suficiente o empate, o infantil mixto goleou e o absoluto feminino gañou 9-13 cunha actuación sobresaliente de Carmen Díaz, que anotou sete goles

Club Waterpolo Pontevedra
Club Waterpolo Pontevedra / Club Waterpolo Pontevedra

O Club Waterpolo Pontevedra asinou unha fin de semana redondo nas ligas galegas coa consecución de tres novos títulos na súa visita ao Real Club Náutico de Vigo.

A tarde comezou co partido de categoría alevín, no que o CWP Teucro chegaba minguado por numerosas baixas.

Aínda que o conxunto local logrou igualar o marcador nos últimos segundos (6-6), o empate foi suficiente para que os pontevedreses certificasen matematicamente o título de Liga Galega Alevín Mixta.

A continuación, o equipo infantil CWP Rías do Sur non deu opción ao seu rival, segundo clasificado, e impúxose con claridade por 2-12.

Con este resultado e a falta dunha xornada, o conxunto pontevedrés asegurou tamén o campionato da Liga Galega Infantil Mixta.

Na Liga Galega Absoluta Feminina o liderado tamén estaba en xogo entre o primeiro e segundo clasificados.

No partido, do máis igualado, decidiuse na recta final por 9-13, cunha actuación sobresaliente de Carmen Díaz, autora de sete goles. O triunfo permitiu ás pontevedresas proclamarse campioas a falta de dúas xornadas para o final.

O enfrontamento de categoría cadete mixta, o equipo feminino do club pontevedrés caeu por 20-3 ante o RCN Vigo nun encontro condicionado polo desgaste, xa que varias xogadoras repetiron participación tras o partido anterior.

A xornada pechou coa vitoria do equipo absoluto masculino por 11-14 nun partido igualado no que non había nada en xogo.

Con este tres novos títulos, sumados aos xa logrados nas ligas absoluta masculina e xuvenil, o Club Waterpolo Pontevedra completa unha tempada sobresaliente, na que conquistou cinco campionatos autonómicos, ademais de varios títulos en campionatos galegos.