Tres veteranos da Sociedad Gimnástica logran a mínima para o Campionato de España Máster

Pontevedra
14 de xaneiro 2020

Xulio Ventín, en salto con pértiga; Helena Rei, en lanzamento de peso; e Marta González, en triplo salto e salto con pértiga, representarán á escuadra lerezana no nacional máster de pista cuberta

Marta González (esquerda), Xulio Ventín (dereita) e Helena Rey (segunda pola dereita), clasificados para o Campionato de España Máster de Pista Cuberta
Marta González (esquerda), Xulio Ventín (dereita) e Helena Rey (segunda pola dereita), clasificados para o Campionato de España Máster de Pista Cuberta / Sociedad Gimnástica

A Copa Galega de clubs de categoría máster pechouse o 12 de xaneiro con boas noticias para os atletas da Sociedade Gimnástica. Xulio Ventín, Helena Rei, Marta González e Angel Moldes foron os representantes do conxunto pontevedrés e os tres primeiros, ademais de contribuír a elevar ao seu equipo ata o segundo posto da xeral, conseguiron clasificarse para o próximo campionato de España da categoría.

Defendendo as cores do Club Atletismo Sada, entidade coa que a escuadra lerezana mantén un acordo de afiliación, os atletas ximnásticos asinaron catro primeiros postos. O primeiro ouro foi o que conseguiu Xulio Ventín en salto con pértiga. A súa marca de 3,01 metros supón, ademais do récord galego da categoría máster 55, bater a mínima para asistir ao nacional de pista cuberta.

En lanzamento de peso, Helena Rey impúxose con solvencia ao asinar un rexistro de 10,42 metros, que supón tamén a clasificación para o campionato de España en categoría Máster 45. A súa compañeira, Marta González, logrou tamén o pase en categoría Máster 35 para as disciplinas de salto con pértiga e triplo salto ao asinar saltos gañadores de 3,01 e 9,75 metros, respectivamente.

Menos sorte tivo Anxo Moldes, que na carreira de 60 metros valados non conseguiu subirse ao podio