O primeiro Campionato do Mundo Absoluto Feminino de Fútbol sala está ao virar a esquina, e todo apunta a que será unha cita na que o Poio Pescamar estará ben representado.
A seleccionadora española, Clàudia Pons, anunciou este luns a convocatoria para as xornadas de adestramento que levarán a cabo en Las Rozas do 19 ao 23 de outubro, a última antes da cita mundialista.
O Mundial de Filipinas comezará de feito en apenas unhas semanas, o próximo 2 de novembro.
Na lista do combinado nacional aparecen tres futbolistas do conxunto vermello.
Trátase de Noelia Montoro, Ale de Paz e Martita.
🚨 𝗖𝗼𝗻𝘃𝗼𝗰𝗮𝘁𝗼𝗿𝗶𝗮 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗹𝗼𝘀 𝗲𝗻𝘁𝗿𝗲𝗻𝗮𝗺𝗶𝗲𝗻𝘁𝗼𝘀 𝗱𝗲 𝗼𝗰𝘁𝘂𝗯𝗿𝗲
— Selección Española Femenina de Fútbol (@SEFutbolFem) October 13, 2025
➡️ Clàudia Pons da la lista para la concentración del 19 al 23 de octubre
🔗 https://t.co/QUJ6eB79zE#FutsalEspaña pic.twitter.com/NPUJH5aasf
A que cae do convocatoria pero mantén as súas opcións de ir ao Mundial é a gardameta Elena, que si estivo presente no dobre partido amistoso contra Portugal celebrado este mes en Galicia.
A celebración do Campionato do Mundo provocará un parón de máis dun mes na liga de Primeira División.
Para o Poio Pescamar suporá que tras tras xogar o 1 de novembro na casa contra o Alcorcón non volverá competir en liga até o 13 de decembro cun desprazamento a Melilla.