Triunfo do equipo de minibasket do Arxil na Jamboree, campionato de España oficioso da categoría

Pontevedra
28 de xuño 2014

O equipo adestrado por Marita Janeiro imponse no último encontro ao Celta (94-53) para confirmar o título na competición celebrada dende o mércores en Santiago de Compostela

Equipo minibasket do Arxil
Equipo minibasket do Arxil

O equipo do minibasket do Club Baloncesto Arxil é, dende este venres, campión de España oficioso da categoría despois de asegurarse o triunfo no prestixioso torneo Jamboree.

Nesta competición, celebrada dende o mércores en Santiago de Compostela, déronse cita sete equipos, toda vez que algunhas federacións renunciaron a participar a pesar de estar promovidos pola Federación Española de Baloncesto.

O conxunto verde, adestrado por Marita Janeiro, realizou un torneo inmaculado, con triunfos ante Peleteiro, Multibasket, Selaya, León e San Antonio antes de confirmar o título gañando o último encontro, na tarde do venres, ante o Celta (94-53).

A formación do Arxil no Jamboree estivo composta por Mariña, Alba, Carla, Kely, Saleta, Carmen, Ainoa, Noemi, Belén, Anara, Paula e Iria.