Estrea con bo pé do novo proxecto da Sociedad Deportiva Teucro na Primeira Nacional.
O conxunto adestrado por Irene Vilaboa iniciou os seus partidos de pretempada con triunfo contundente fronte a un rival da súa liga, a SAR de Redondela (33-22).
Nun choque disputado no pavillón Multiusos da Xunqueira, a boa actuación da portería azul resultou clave no resultado tras unha primeira metade de marcador axustado (14-13 ao descanso).
Tras esta cita o Teucro afrontará o vindeiro venres 19 de agosto o seu primeiro encontro oficial do curso, na Supercopa Galicia na que se medirá ao Lalín.