Triunfo para o Arxil na súa estrea en Copa Galicia ante o Cortegada (62-57)

Pontevedra
03 de outubro 2014

O conxunto verde clasifícase coa vitoria para a fase final da competición, da que queda fóra o Cortegada tras encaixar a súa segunda derrota

Partido de Copa Galicia entre Arxil e Cortegada no CGTD
Partido de Copa Galicia entre Arxil e Cortegada no CGTD / Diego Torrado

Aínda resta unha xornada para o final da fase de grupos da Copa Galicia, pero o Club Baloncesto Arxil clasificouse para a fase final tras impoñerse nun igualado partido ao Cortegada de Vilagarcía (62-57).

As verdes, no seu primeiro partido da competición, realizaron un traballo serio cimentando o triunfo nun gran segundo cuarto, no que remontaron a lixeira vantaxe visitante no primeiro parcial.

O Arxil, con María Lago e Ana Román como máximas anotadoras, mostrou unha clara melloría na súa preparación da nova tempada.

Aínda que as pontevedresas deben enfrontarse aínda este sábado ao Universitario de Ferrol, a clasificación é un feito tras as dúas derrotas do Cortegada que lle deixan fóra da competición. O aliciente en Ferrol é saber que equipo pasará como líder de grupo.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora