Triunfo pola mínima do Pontevedra no amigable ante o Compostela

Pontevedra
12 de agosto 2023

Quinto amigable de preparación para a tempada e primeira vitoria para o Pontevedra Club de Fútbol, que este sábado superou ao Compostela pola mínima cun gol de Garay en la segunda parte  

Amigable entre Compostela e Pontevedra Pontevedra CF

Quinto amigable de preparación para a tempada e primeira vitoria para o Pontevedra Club de Fútbol, que este sábado superou ao Compostela pola mínima cun gol de Garay en la segunda parte.

O cadro granate saltou ao verde cun once formado por Edu Sousa en portería; Ángel Bastos, Churre, Mario Gómez e Zabaleta en liña defensiva; Borja Domínguez e Samu Mayo na medular; Álex González e Barbeiro nos costados; Yelko de enganche e Rufo na punta de ataque.

Foi un choque de igual a igual entre dous equipos que apuntan a ser rivais directos en liga, pero que finalmente caeu para o bando de Yago Iglesias no segundo tempo, aínda que Rufo, ao fío do descanso, tivo a oportunidade de inclinar a balanza a favor do Pontevedra nun man a man que despexou Brais Rodríguez.

Tras o paso polos vestiarios o técnico granate moveu ficha e deu entrada a Toño, Chiqui e Garay en lugar de Zabaleta, Bastos e Samu Mayo; unha substitución que tivo resultado no 75 cando o arxentino anotou o seu primeiro gol coa elástica granate. Minutos antes entrou Valen no terreo de xogo en lugar de Barbeiro.

Despois do gol, Yago Iglesias continuou coa súa aposta de dar minutos a todos os seus xogadores e, na súa falta, dar descanso a outros como Yelko e Rufo, que abandonaron o campo por Víctor Casáis e Padín.

O marcador non se volveu a mover e o colexiado pitou o final dun encontro no que o Pontevedra puido saborear o triunfo por primeira vez esta pretemporada.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora