Triunfo por equipos do Super Froiz na Volta a Zamora con Miguel Gómez segundo na xeral

Pontevedra
18 de xullo 2015

Cinco segundos foron unha distancia insalvable para Miguel Gómez, que tivo que conformarse co segundo posto na clasificación xeral da Volta a Zamora, por detrás de Iván Martínez, do Mutua Levante, que se adxudicou a vitoria individual tras conseguir manter a súa escasa renda na cuarta e última etapa da rolda

Evaristo Portela e o Super Froiz reciben o trofeo de vencedores por equipos na Volta a Zamora Super Froiz

Non puido ser. Cinco segundos foron unha distancia insalvable para Miguel Gómez, que tivo que conformarse co segundo posto na clasificación xeral da Volta a Zamora, por detrás de Iván Martínez, do Mutua Levante, que se adxudicou a vitoria individual tras conseguir manter a súa escasa renda na cuarta e última etapa da rolda.

Os 85 quilómetros de percorrido desa última etapa, entre Moraleja del Vino e Zamora foron de absoluto control da escuadra do líder, con vixilancia constante aos movementos que puidesen protagonizar os homes de Evaristo Portela.

Ao final, vitoria para Iván Martínez, cun sensacional Miguel Gómez, segundo e gañador das clasificacións da regularidade e metas voantes. O Super Froiz tráese tamén o consolo da súa vitoria por equipos, superando precisamente ao Mutua Levante, que foi segundo.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora