Triunfo reparador do Waterpolo Galaico ante o Náutico de Vigo (27-7)

Pontevedra
17 de febreiro 2015

A falta de dúas xornadas para o fin da liga regular os pontevedreses cárganse de moral cun contundente triunfo

Partido entre Waterpolo Galaico e Santiago no CGTD
Partido entre Waterpolo Galaico e Santiago no CGTD / Diego Torrado

A falta de dúas xornadas para a conclusión da liga regular na 1ª División Galega, o CW Galaico cárgase de moral tras unha irregular traxectoria cun contundente triunfo ante o Real Club Náutico de Vigo.

Os pontevedreses impuxéronse dende o primeiro minuto de partido para rematar cun claro 27-7.

A pesar do bo resultado os de Javi de Sáa recoñecen que deberán mellorar se queren loitar polo título no play-off.

Con este triunfo o Galaico clasificouse matematicamente para a fase definitiva.

CW GALAICO PONTEVEDRA (27): Raúl, Rober (4), Aarón (2), Rubén (2), Pablo, Ángel (3), Andrés (7), Juanjo (1), Guille, Bran (2), Juan (1), Manu (3).

RCN VIGO (7): Del Río, Parra, González (1), Amarelo, Lago, Alén, Argibay (1), Fernández, Quintero, Carrera (3), Cabezas (1), Moreno (1), Rial.

Parciais: 7-2, 5-3, 4-1, 11-1.

Incidencias: Partido disputado na piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.