O Pontevedra B acumula tres xornadas consecutivas perdendo e mantense na penúltima praza de Terceira Federación con 20 puntos e a sete da salvación.
A última foi este sábado no Manolo Barreiro diante dun Silva que aspira a xogar a fase de ascenso e ao que lle custou moito traballo perforar a portería do filial granate.
De feito, foron os de Jesús Ramos os que se adiantaron na primeira acción do partido por medio de Hugo Padín cando apenas se cumpriron os dous minutos de xogo. Brais Lema igualou pasada a media hora e Pablo Trigo volteó o resultado no minuto 54.
Tratou de remar o Pontevedra B para conseguir polo menos un punto diante da súa afección, pero cando o encontro entraba na recta final volveu aparecer Trigo para poñer máis terra polo medio e deixar tocados aos locais. Era o minuto 84.
Dous minutos despois Iker Arango reduciu diferenzas, pero o empuxe do filial nos instantes decisivos non foi suficiente para rascar un punto e cedeu finalmente por un doloroso 2-3.
Consulta a acta nesta ligazón