TV en Primeira RFEF: Movistar Plus+ emitirá dez partidos por xornada

Pontevedra
06 de agosto 2025

Os partidos do Pontevedra Club de Fútbol poderán seguirse esta tempada nunha das principais plataformas televisivas como Movistar, segundo informou a RFEF

Cámara de televisión en Pasarón no partido de Copa entre Pontevedra e Villarreal
Cámara de televisión en Pasarón no partido de Copa entre Pontevedra e Villarreal / Mónica Patxot

O panorama televisivo da Primeira RFEF, categoría á que regresa esta tempada o Pontevedra Club de Fútbol, empeza a aclararse.

A expensas de coñecer si algún operador (todo apunta a LaLiga) ofrecerá a totalidade dos encontros da categoría, a Real Federación Española de Fútbol (RFEF) confirmou este mércores que unha das principais plataformas televisivas das que operan en España, como é Movistar Plus+, emitirá a competición.

En concreto, explica a RFEF, Movistar ofrecerá en directo dez encontros cada xornada no seu paquete básico a través dunha nova canle destinada á categoría, isto é, a metade dos partidos de cada xornada.

Os partidos emitiranse a través do dial 52 da plataforma.

A cota para os ususarios será de 9,99 euros ao mes.

Esta confirmación non exclúe a posibilidade de que unha plataforma emita todos os encontros da Primeira RFEF e que mesmo a Televisión de Galicia poida ofrecer partidos dos equipos galegos, tal e como sucedeu na últimas tempada.