Último partido na casa do ano para o Poio Pescamar cun duelo directo ante o Alcorcón

Poio
15 de decembro 2017

Volve a actividade na Primeira División de fútbol sala tras o parón de seleccións e faino cun importante choque para o Poio Pescamar, que recibe o sábado (18:30 horas) ao cuarto clasificado, co que está empatado na clasificación

Adestramento do Poio Pescamar 2017-2018
Adestramento do Poio Pescamar 2017-2018 / Cristina Saiz

Despois de dúas semanas sen competir polo parón de seleccións, ante a disputa do Torneo IV Nacións no que tivo un importante papel Silvia Aguete, volve a competición para o Poio  Pescamar na Primeira División. 

Faio ademais cun importante choque para as vermellas, que reciben este sábado na Seca (18:30 horas) a un rival directo, o AD Alcorcón, cuarto clasificado co que están empatados a 23 puntos.

Será o último encontro do ano na casa do Poio, que se puxo o obxectivo de lograr os seis últimos puntos en xogo ata final de ano para despedir 2017 entre os catro primeiros da liga.

Tras esta cita e para pechar o ano deportivo cadro vermello visitará ao Majadahonda madrileño o día 23 de decembro, un equipo que pelexa pola permanencia na máxima categoría.