O Umia proclamouse campión do IV Trofeo Caldas Vila Termal

O Salnés
30 de decembro 2024

A cuarta edición do Trofeo Caldas Vila Termal, que se celebraba esta fin de semana con máis de 800 espectadores nas bancadas

O Umia proclamouse campión do IV Trofeo Caldas Vila Termal
O Umia proclamouse campión do IV Trofeo Caldas Vila Termal / Club Acuático Umia

O Club Acuático Umia acadou unha destacada vitoria na cuarta edición do Trofeo Caldas Vila Termal, celebrado este sábado 30 de decembro, nunha xornada que reuniu a 301 deportistas de 20 clubs galegos, castelán leoneses e portugueses.

A competición, que congregou a máis de 800 espectadores nas bancadas e foi retransmitida en directo por streaming en diversos establecementos da vila termal, rematou cun rotundo éxito do club local, que sumou 1.395 puntos na clasificación xeral, por diante do SAL de Laracha e o club SYSCA.

A competición destacou polo seu alto nivel, con 17 récords do campionato e 4 récords galegos batidos. Entre eles, sobresaíron as marcas do equipo infantil masculino do Club Santa Comba e as dos Másters locais Rubén Monteagudo e Javier Loureiro na proba de 100 aletas nas súas respectivas categorías (+40 e +50).

Na sesión matinal, dedicada á categoría Absoluta Master, o Umia impúxose con 596 puntos, seguido do Club Virsal (245) e o Club Sysca (192).

A xornada contou coa presenza do padriño desta edición, o valenciano Raúl Marek Spuznar, actual campión de España e recordman no 50 rescate.

O club local, que participou con 74 deportistas, conseguiu uns resultados sobresaíntes: 6 récords do campionato, 5 mínimas de España e un total de 41 medallas.

Ademais, acadáronse máis de 20 mínimas para participar en campionatos galegos.

Os premios aos mellores deportistas da xornada na sesión de maiores foron para Lucia Zorrilla e David Piñán, do club Sos La Bañeza, seguidos dos caldenses Alex Pisos e Lidia Aboy na segunda posición, e Karolina Cascón e Guillermo Revilla (CSS Benavente) na terceira.

Público nas bancadas da piscina durante o IV Trofeo Caldas Vila Termal
Público nas bancadas da piscina durante o IV Trofeo Caldas Vila TermalClub Acuático Umia